CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco cae en casa ante o Céltiga FC, novo líder de grupo na Preferente Futgal

 

Continúa a mala racha do CD Barco que se afasta un pouco máis do liderato que mantivo durante semanas, tras caer 0-3 ante o Céltiga FC, novo líder de grupo na Preferente Futgal, na tarde deste domingo 24 de novembro no campo municipal de Calabagueiros.

 

 

Logo de perder pola mínima (1-0) no campo do Beluso que lle arrebataba o liderato hai unha semana, os rapaces de Lino Estévez (que recuperan a Imanol, o gardamenta titular, tras unha lesión) saltaban ao terreo de xogo dispostos a recuperar a confianza e volver á senda das vitorias, pero non o lograban.

 

 

Malia os intentos do equipo local, o Céltiga amosou mellor xogo e acerto anotando os tres goles do partido, todos na segunda parte (minutos 68′, 73′ e 90′).

 

 

Con este resultado o conxunto barquense sitúase no terceiro posto da clasificación. A seguinte cita será no campo de Oira, en Ourense, fronte ao Cented Academy, 7º clasificado.

 

 

Como cada domingo en Calabagueiros, a directiva convidaba a merendar á afección no tempo de desconto. Hoxe cun magosto.

 

 

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button