CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Sesión formativa de maquillaxe no IES Lauro Olmo do Barco

 

Na mañá deste luns 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, tiña lugar no salón de actos  do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras unha xornada de formación realizada por Yolanda Gómez, maquilladora profesional de Estilo One.

Enmarcada dentro do programa Aula de Emprendemento co obxectivo de “crear lazos entre os futuros traballadores e as empresas”, esta xornada constou de dous traballos en modelos reais onde Yolanda fixo unha demostración de maquillaxe antiedade, un deles con aerógrafo.

Ademais do alumnado, á formación asistían de forma gratuíta, profesionais tanto de peiteado como de estética.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button