O colectivo, liderado polo seu presidente Andreu Massoni, celebrou a súa asemblea xeral de socios na vila alaricana
A Federación Española de Empresas de Xardinería, representada polo seu presidente Andreu Massoni, reuniuse en Allariz para celebrar a súa asemblea xeral de socios. O alcalde da vila, Francisco García, e o edil de Medio Ambiente, Bernardo Varela, foron os anfitrións nunha xornada de traballo na que os socios da federación tiveron a oportunidade de visitar o Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA). O evento tamén serviu para que o rexedor local ofrecese colaboración ao colectivo: “un dos obxectivos do FIXA é ofrecer un escenario ao mundo da empresa para divulgar e promocionar as súas actividades”.