OurenseÚltima hora

Deputación e CCA Ourense Centro estudan iniciativas para fomentar o consumo no comercio local

 

Na mañá deste mércores 16 de abril, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuníase co presidente e a xerente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luis Rivera e Lorena Tato, para “analizar as oportunidades e os desafíos do comercio de proximidade na capital”. Este encontro de traballo enmárcase nas reunións que o presidente provincial mantén con representantes de diversas entidades e colectivos de relevancia para a provincia.

Ademais de analizar a situación do comercio local na cidade, Menor e os representantes do Centro Comercial Aberto Ourense Centro estudaron a posibilidade de establecer liñas de cooperación entre ambas entidades para incentivar o consumo nos negocios da cidade.

Luis Menor reafirma así a “aposta da Deputación pola dinamización do tecido comercial”, a través da cooperación como “estratexia clave” para levar a cabo proxectos en beneficio de toda a provincia.

 

Artigos relacionados

Back to top button