
Que Juanín era un membro destacado dentro da familia do Centro de Deportes Barco está fóra de toda dúbida, polo que o seu recente falecemento deixa un gran baleiro no club.
Como membro da directiva e antes de encargarse de diferentes tarefas (levaba a megafonía e a lavandería, pintaba o campo de fútbol,…) estivo durante moitos anos como coordinador da base, polo que non hai mellor homenaxe que “a creación do Memorial Juan Guntiñas de fútbol base”, tal como se acordaban en xunta directiva.
Comezará este mesmo ano “entre finais de agosto e principios de setembro, dando o pistoletazo de saída ás novas tempadas”, adianta o presidente do CD Barco, Nilo Ramos.



