
O Concello da Rúa vén de emitir un bando no que informa que a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Sanidade, “tras analizar un novo parámetro de seguimento nas augas de consumo (establecido polo Real Decreto 03/2023 que comezou a controlarse neste 2025) requírenos que restrinxamos temporalmente os usos alimentarios da auga nas seguintes zonas do Concello até novo aviso”.
ZONAS CON RESTRICIÓNS PARA OS USOS ALIMENTARIOS:
- Fontei
- Rúas Mazaira, Paz/Mazaira
- Avenida de Almendralejo
- Rúa Aureana do Sil
- Rúa Ferro Couselo
- Rúa Antón Noriega
- A Cigurria / Cigarrosa
- Polígono Industrial das Pedreiras
- Parque de Bombeiros
- Residencia dos Pinos e hotel Berna
- Pablo VI e Instituto Cosme López (R/Vicente Risco e Otero Pedrayo)
Para tentar paliar as molestias e inconvenientes que poidan derivar destas restricións de uso, o Concello da Rúa lembra que “están habilitados tres puntos de abastecemento público que compren coas garantías que reclama Sanidade. Por iso desde este momento, e até o levantamento definitivo das restricións, quen así o desexe pode recoller auga para consumo en tres lugares:
– Fonte pública situada no Campo de San Roque.
– Fonte pública situada na rúa San Roque esquina con r/Fondareas
– Área de Subministro de Autocaravanas (Aguillón)

As restricccións tamén afectan ao concello de Petín:
- Freixido de Abaixo
- Santa María
- Barxela
- Outeiro
- Castrofolla
- Carballal
- Petín: rúa Sobredo I; rúa Camiño do Pombar; estrada de Carballal (dende o cruce da estrada da Portela ata Carballal).



