DeportesFútbolÚltima horaVídeos

O campo dos Ladrillos, primeira parada da II Xuntanza do Club Deportivo Rubiá

 

O mítico campo dos Ladrillos era, na mañá deste sábado 17 de maio, o primeiro punto de encontro para os asistentes á II Xuntanza do Club Deportivo Rubiá.

Alí, no lugar que tantos partidos disputaron e tantos domingos compartiron e tralos saúdos, celebrábase a parte deportiva da xuntanza, un partido entre as vellas glorias do CD Rubiá e a xente máis nova, incluso nenos. Un partido algo descompensado que remataba cunha sesión de habilidades co balón diante da portería.

 

 

A segunda parte da xuntanza, a gastronómica, será a partir das 14:30 horas no pavillón municipal de Rubiá onde compartirán un xantar e as homenaxes.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

Xogos, conversas, risas e moitas lembranzas na II Xuntanza do Club Deportivo Rubiá

 

Artigos relacionados

Back to top button