CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco levanta a Copa Deputación de Ourense despois de 44 anos

 

Neste 2025 o Centro de Deportes Barco logra un fito, celebrado coma sempre coa súa afección, o tricampionato: liga, ascenso e Copa Deputación.

Os dous primeiros lográbanos o 11 de maio e o terceiro, un que se lle resistía dende hai catro décadas, neste sábado día 31 no estadio Ourensán do Couto onde se desputaba a final CD Barco-CD Velle, seguida por numerosos seareiros que quixeron acompañar ao equipo.

 

 

Foi un partido intenso e reñido na primeira metade que remataba co 2-2  logo da remontada do Barco que xa non tiña límites na segunda parte, selando a vitoria co 6-2. Goles de  Brian Castro en dúas ocasións, Óscar Martín, Sidibé, Rogerio e Alejandro.

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, entregaron as medallas e os trofeos aos dous equipos, sendo o capitán do CD Barco, Rubén García (que deixa o equipo aos seus 43 anos), quen evantaba no campo a XLIV Copa Deputación de Ourense “Miguel Ángel”, que xa está en Valdeorras despois de 44 anos.

 

 

Fotos cedidas.

Máis información:

O CD Barco sela unha tempada redonda como flamante campión da XLIV Copa Deputación

Artigos relacionados

Back to top button