O Pizarras Tres Cuñados FS pon en marcha a terceira edición do seu campus de fútbol sala, que se celebrará do 1 ao 5 de setembro no pavillón municipal de Calabagueiros e nas instalacións do CEIP Julio Gurriarán en horario de 10 a 14 horas.
Durante os catro días que dure o campus haberá moito deporte, adestramentos e xogos pero tamén outras actividades complementarias como excursións, visitas sorpresa ou charlas.
Cada participante, nenos de 6 a 15 anos (categorías dende benxamín ata cadete), recibirá un “tentempé mañaneiro”, hidratación, dúas camisetas e seguro de responsabilidade civil. Na clausura entregaranlle medalla e diploma acreditativo.




