A Banda de Música do Barco actuará en “Aquí Galicia”
21 de Xaneiro de 2017
Será unha das agrupacións convidadas neste programa da televisión galega que se emitirá en directo na tarde do 21 de xaneiro dende O Barco
Entre as interpretacións musicais do programa “Aquí Galicia” que a TVG emitirá na tarde do 21 de xaneiro estará a da Banda de Música do Barco. Esta formación musical, dirixida por Manuel Prada, tocará dúas pezas.
A Banda de música durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.
A primeira delas será “Flashdance” e, a segunda, a composición “Viloira”, co acompañamento da Banda de gaitas barquense. Neste programa tamén tocarán outras formacións musicais valdeorresas e a súa emisión será en directo dende a praza Andrés de Prada a partires das catro e media da tarde. Esta actividade está incluído no conxunto de actos da XVII Festa do Botelo do Barco.
Non será esta a primeira vez que a Banda de Música actúe na televisión, xa que o pasado decembro tocaba no programa “Luar”, tamén da televisión galega.
Os integrantes da Banda de Música do Barco e tamén da banda de gaitas, tras participar no programa “Luar”, no pasado decembro. Foto cedida.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.