Permanece activo e leva queimadas, segundo as primeiras estimacións, unhas 20 hectáreas
Ás 16:15h. da tarde do 24 de xullo comezaba un incendio na parroquia de Fumaces do concello ourensán de Riós. O lume permanece activo e, segundo as primeiras estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas.
No control deste incendio traballan 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 3 avións.