Unha vintena de mozos nacidos no ano 1982 reuníanse en Viana do Bolo, despois case dúas décadas sen verse, nunha cea neste mes de agosto que servíu para “celebrar, comer e recordar os vellos tempos no colexio”. A cea tiña lugar no Restaurante A Nosa Casa da vila e foi convocada “a través das redes sociais, así pois, os compañeiros de pupitre de Viana, da Veiga, de Vilariño ou da Gudiña puidemos volver a xuntarnos e poñernos ao día despois de moito tempo, tempo que a algúns os levou a establecerse por motivos laborais ou persoais lonxe de Viana, en cidades como Ourense ou A Coruña, mentres que outros seguen a residir na vila”, explican.
Tamén comentan que resultou “unha celebración moi entrañable e que se agarda que se repita anualmente ou incluso antes, porque a parte de ter en común recordos de infancia todos gardamos un lazo estreito e común con Viana do Bolo”.
FOTOS: Sara C. / Cris Rguez. / Oscar C.