Santiago Villanueva Álvarez é xa o novo delegado do Goberno en Galicia. Este verinense, que hai apenas unha semana ocupaba o posto de director xeral de Emerxencias, tomaba posesión do seu novo cargo na mañá do 15 de novembro na Coruña, nun acto ao que asistían, entre outras autoridades, a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez.
Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia destaba a longa e dilatada traxectoria de Santiago Villanueva na Administración pública, moi vinculada á xestión das emerxencias, e fundamental en episodios como o accidente ferroviario de Santiago de Compostela. Referiuse, ademais, “á dedicación, ao compromiso e á honestidade” que sempre demostrou no exercicio das súas distintas responsabilidades e considerou que a súa capacidade “para dialogar e tender pontes” lle será de grande utilidade no desempeño das súas novas funcións.