As liñas estratéxicas conxuntas en materia de asistencia sanitaria transfronteiriza poranse sobre a mesa o 19 de novembro en Verín no decurso do workshop “Asistencia Sanitaria no Contexto Transfronteirizo: Custos e Oportunidades”. Este encontro terá como escenario a sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT (antiga aduana española en Feces de Abaixo). “O obxectivo do mesmo é reunir nunha xornada de traballo en dous niveles (político e técnico) aos actores principais da UE, Galicia e Norte de Portugal, para debater sobre os diferentes aspectos que afectan a cooperación sanitaria transfronteiriza”, explican os seus promotores.
Así o programa, que comezará a partires das dez da mañá, estará estruturado en tres paneis. O primeiro deles centrarase nos “Impactos da aplicación da Directiva Europea sobre a asistencia sanitaria transfronteriza”. En segundo lugar, en torno ás 11:45h. abordarase noutro panel a “Mobilidade transfronteiriza do persoal sanitario”. E o workshop completarase cun derradeiro panel (ás 13:15h.) sobre o “Case-studies de asistencia sanitaria transfronteiriza”. Todos os debates serán moderados por PwC.
Dos paneis formarán parte un total de oitos expertos da administración sanitaria galega e lusa. As conclusións deste foro leranse ás 16:15h. e o acto de clausura terá lugar un cuarto de hora despois.