AutomobilismoDeportesÚltima hora

A 47 Subida a Chantada celebrarase, previsiblemente, os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto

Ademais da puntualidade para o certame estatal, a edición deste ano será tamén valedoira para Cópa Norte de Montaña

Publicidade

 

A Real Federación Española de Automobilismo vén de publicar o calendario definitivo do Campionato de España de Montaña para a tempada 2021. Un programa que inclúe a celebración da 47 Subida a Chantada prevista para os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, “momentos nos que se espera mellorar moito a nivel sanitario no referente á pandemia do Covid-19 que fixo suspender a nosa proba a pasada tempada”, explican dende a Escudería Chantada.

Ademais da puntualidade para o certame estatal, a edición deste 2021 da subida será tamén valedoira para Cópa Norte de Montaña, xunto a subidas míticas nacionais como O Fito ou autonómicas como Pontecaldelas. “Por todo iso comezamos a traballar, co apoio indispensable das institucións ( Concello de Chantada, Deputación de Lugo, Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia) e as empresas patrocinadoras e colaboradoras nunha nova edición da nosa carismática subida, que desexamos chegue a bo porto nas datas previstas”, din dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button