ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

A alcaldesa de Vilariño de Conso aborda con Feijóo o proxecto da residencia de maiores

A rexedora tamén lle trasladaba ao presidente da Xunta a iniciativa de crear un centro para persoas con trastornos de conduta e a posibilidade de habilitar unha área de servizo de caravanas no municipio

 

A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, vén de manter unha xuntanza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no que lle expoñía os principais proxectos para o municipio, entre os que destacou unha residencia da terceira idade e un centro para persoas con trastornos de conduta.

En canto á residencia da terceira idade, Feijóo comprometeuse a estudar a petición do Concello de colaborar no concerto de prazas. Do mesmo xeito, sinalou que a Xunta tamén avaliará vías de colaboración co proxecto do concello para poñer en marcha un centro para persoas con trastornos de conduta.

Ademais, trataron a posibilidade de habilitar unha área de servizo de caravanas na estrada de Soutelo e tamén a construción dunha infraestrutura deportiva na área recreativa do Cenza.

O presidente da Xunta valorou a disposición do Concello para crear unha aldea modelo en Soutogrande, polígonos agroforestais e pastizais para o seu aproveitamento gandeiro e reforzar así a prevención de incendios forestais.

Artigos relacionados

Back to top button