En portadaÚltima hora

A alta diversidade vexetal da Serra da Enciña da Lastra, nas III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade

Este encontro, promovido pola Sociedade Galega de Historia Natural, terá lugar do 23 ao 24 de novembro en Pontevedra

Vista de Covas (Rubiá), no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre os temas que se abordarán no decurso das III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, previstas do 23 ao 24 de novembro en Pontevedra, figura a riqueza vexetal do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). Será o 23 de novembro ás 10:45h. na segunda ponencia deste foro, titulada “Tres lugares de alta diversidade vexetal en Galicia: A Lanzada, Melide e Serra da Enciña da Lastra”, da man de Francisco Javier Silva-Pando (CIF de Lourizán).

O programa deste encontro, que organiza a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), analizará tamén outras cuestións como a contaminación lumínica, o proxecto LIFE Oso Courel, a xestión do monte e da paisaxe na Galicia contemporánea, a custodia e a restauración, etc.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button