
O deporte tradicional da billarda e o municipio de San Xoán de Río convertiranse en protagonistas do programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”. Este espazo, que presenta Alfonso Pardo, gravararse o vindeiro mércores 23 de outubro ás 18h. no salón de plenos do Concello. A entrada é gratuíta para todos os que queiran asistir.
“Neste programa falarase de billarda e de San Xoán de Río. A xente terá a oportunidade de ver como se grava un programa de radio e de descubrir o deporte da billarda e o concello de San Xoán de Río”, destaca o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua.