EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

A campaña “Atrápao!” do Barco CCA repartirá 1.000 euros en premios neste venres

 

Cunha moi boa acollía arrancaba a partir das 10:30h. deste venres na praza do Concello do Barco a campaña “Atrápao!”, organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco e na que se repartirán máis de 1.000 euros en premios.

Así neste venres 25 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas, o CCA do Barco ten instalada na citada praza unha bóla xigante inchable a cuxo interior accederán os participantes na iniciativa para tentar atrapar os premios que voan dentro dela.

 

 

Estes premios consisten en vales de compra para investir no comercio de proximidade asociado ou en packs de agasallos e algún produto de maior valor, que se irán desvelando ao longo da semana a través das redes sociais.

A participación na campaña está aberta a toda a veciñanza sen necesidade de presentar tícket de compra ou consumición.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button