SanidadeÚltima hora

A carreira de investigador en España, a debate nun webinar de Asomega Nova

 

Ponse en marcha dun dos “proxectos máis queridos e preparados con máis ilusión” dende a Asociación de Médicos Galegos (Asomega): os webinars de Asomega Nova. Desde o nacemento deste grupo de traballo dentro da asociación, hai agora un ano, a pretensión foi “materializar o que define a súa propia esencia: a transmisión de coñecemento, o contacto entre profesionais novos e veteranos e o intercambio de inquietudes, preocupacións e proxectos entre profesionais da saúde de distintas xeracións”, tal e como explican dende esta entidade, que preside o neumólogo trivés Julio Ancochea.

O primeiro destes webinars está previsto para o vindeiro 14 de xuño ás 17 h. e desenvolverase baixo o título: “A carreira de investigador en España”. O acto de presentación correrá a cargo de Julio Ancochea e nesta sesión contarase “cun plantel de luxo”: Francisco García Río, Eduardo López Collazo, Luis Paz Ares, Pilar Rodríguez Ledo e Laura Torrado. Os participantes debatirán sobre a carreira de investigador en España e serán moderados por Felipe Couñago, coordinador de Asomega Nova.

Artigos relacionados

Back to top button