
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Alvaro Vila, alcalde de Taboadela, rubricaron neste martes o protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento, execución e entrega das distintas actuacións que mellorarán o saneamento e a depuración do municipio ourensán de Taboadela.
“Na actualidade, os núcleos rurais de Espiñeiro, Xociños, Vendanova, Veredo, Alto de Taboadela e Palacios, non dispoñen dun sistema de depuración de augas residuais adecuado, o que motiva este proxecto e supón unha nova aposta polo medio ambiente e o desenvolvemento dun rural sostible” explicaba o presidente da CHMS.
“A través do presente protocolo, formalizamos o compromiso do Goberno de España na mellora do saneamento e depuración de augas residuais do municipio de Taboadela, realizando un investimento de 700.000 €”, concluíu Quiroga.