Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

A comarca trivesa despide ao concelleiro Isauro Pérez

Numerosas persoas despedían na tarde do 3 de setembro a Isauro Pérez, concelleiro e portavoz do PP en Trives, que falecía de maneira repentina o 1 de setembro. O seu funeral tiña lugar ás seis da tarde na igrexa parroquial de Trives, e de seguido, procedíase ao seu enterro no cemiterio trivés.

Ademais de familiares, amigos e veciños, estiveron presentes nos actos o presidente da Deputación e presidente do PP en Ourense , o subdelegado do goberno en Ourense, o alcalde de Trives e edís deste concello, así como outros alcaldes e concelleiros da comarca trivesa e doutros municipios da provincia de Ourense, entre outras autoridades.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button