CulturaCulturaÚltima hora

A compañía valdeorresa Gargallada, dobremente premiada no XXI Certame de Teatro Afeccionado de Valdemorillo (Madrid)

Álvaro Baños e Manuel González, dous membros de Gargallada cos galardóns recollidos no certame.

 

Gargallada Teatro segue consolidando a súa destacada traxectoria no eido do teatro amador. Unha nova mostra da súa calidade é o galardón que colleitaban a finais de outubro en Madrid coa súa última comedia “Un desastre de función”.

Así o 22 de outubro o grupo valdeorrés participaba no XXI Certamen de Teatro Aficionado de Valdemorillo, cuxa gala de clausura tiña lugar 29 de outubro e nela esta compañía recollía o premio do público á mellor obra e o premio á mellor montaxe.

A peza está dirixida por César Martínez “Goldi” e Manuel Caramés, e interpretada por un elenco formado por Reyes Limia, Aurora Fernández, Carmen Hernández, Álvaro Baños, Manuel González, Manuel Caramés e Paco Campos.

 

Un dos actores do grupo valdeorrés, Paco Campos, sobre o escenario.

 

“Gargallada Teatro, que entusiasmou tanto ao respectable como ao xurado”, destacaban dende o Ayuntamiento de Valdemorillo, promotor do certame.

Fotos cedidas por Gargallada Teatro.

 

Os premiados no certame./ Foto: Ayuntamiento de Valdemorillo.

Artigos relacionados

Back to top button