En portadaEntroido 2023Última hora

A danza das Mázcaras, na vila de Manzaneda no Martes de Entroido

 

Os trepidantes ritmos do Entroido de Manzaneda soarán no Martes de Entroido na vila. Será o punto de encontro dos fulións deste municipio e tamén doutros chegados de zonas próximas como Trives, Vilariño de Conso ou Viana do Bolo.

 

 

O comezo do desfile está previsto a partir das 11:30h. coa tradicional petición de permiso ao representante da vila. A partir de aí cobrará vida unha intensa e colorista comitiva na que sobresairán as danzas das diferentes Mázcaras de Manzaneda, ao rtimo de bombos, aixadas, cornas, gaitas e gadañas.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button