O espazo televisivo “Días de cine” dedicaba o seu último programa do 2015 a facer un balance cinematográfico deste ano que está a piques de rematar. Nel seleccionaba o que teñen sido, á xuízo da redacción do programa, as mellores películas, actores e actrices, documentais, etc. deste período temporal.
Dentro da lista das cinco mellores películas españolas do 2015, “Días de cine” incluía “A Esmorga”, dirixida polo valdeorrés Ignacio Vilar, no posto número catro.
O programa pode verse no seguinte enderezo:
http://www.rtve.es/television/20151225/club-mejores-peliculas-2015-segun-dias-cine/1276658.shtml