A RúaConcellosÚltima hora

A Festa do Magosto da Rúa Vella trasládase ao adro de Santo Estevo pola previsión de chuvia

Asistentes ao magosto o ano pasado. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A tan esperada chuvia, prevista para esta tarde, obrigaba á Asociación Sabugueiro a idear un plan B para a XVII Festa do Magosto que se celebrará esta tarde a partir das oito e media.

Así, en lugar de facerse ao aire libre na praza do Arroyo tal como estaba previsto, trasladarase ata o adro de Santo Estevo onde instalarán unha carpa para acoller ás preto de 400 persoas que asistirán.

“Superamos ao ano pasado e hai 390 entradas vendidas”, din dende a organización, asegurando que puideron vender máis pero xa o tiñan todo encargado.

O menú da festa constará de bolo preñado, pizza, biscoitos, bullotes, auga e viño e tamén se sorteará unha cesta con produtos doados por diferentes negocios do pobo. Cada rifa custa 1  euros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button