CulturaEducaciónÚltima hora

A Galiciencia achégase ata Valdeorras

O IES Lauro Olmo acollerá mañá 13 de marzo un espectáculo científico para nenos do Barco, Carballeda e Trives
Imaxe do espectáculo de ciencia para presentar o 10º aniversario de Galiciencia na Tecnópole.
Imaxe do espectáculo de ciencia para presentar o 10º aniversario de Galiciencia na Tecnópole.

¿Como se fabrican os fogos artificiais?, ¿por que un raio láser non é capaz de atravesar un refresco de cola?, ¿como podemos ver as bacterias que hai nunha gota de saliva?

Todas estas preguntas terán resposta no espectáculo científico que o Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole organiza para mañá venres 13 de marzo no Barco de Valdeorras, no marco do programa de actividades de celebración do décimo aniversario da maior feira científica de Galicia, a Galiciencia.

Un momento da exhibición celebrada en Ourense.
Un momento da exhibición celebrada en Ourense.
Asistentes ao espectáculo na Tecnópole.
Asistentes ao espectáculo na Tecnópole.

O primeira sesión tiña lugar a semana pasada en Ourense e mañá, uns 150 alumnos de centros educativos dos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorra e A Pobra de Trives asistirán no IES Lauro Olmo a un espectáculo científico que lles permitirá coñecer os fundamentos da luz a través de experimentos espectaculares.

Haberá dúas sesións, unha ás 11:15 e outra ás 12:30h.

Artigos relacionados

Back to top button