CulturaCulturaEntroido 2024Última hora

A Gudiña dá a coñecer o programa do seu “Entrudio”

 

Vén de darse a coñecer o programa do Entrudio na Gudiña, en cuxa organización colaboran a AC Os Torgueiros, Asociación Mulleres Rurais Xestas e Toxos, Asociación Tarabustio de Pentes, Concello da Gudiña, ANPA Laureano Prieto, Folión de Carracedo e Folión do Tameirón.

PROGRAMA

⁃ 28 de xaneiro, domingo, obradoiro de compadres e comadres e elaboración do Intrudio. Casa da Viúva, 16:00-20:00. (Inscricións antes do 26 de xaneiro).
⁃ 8 de febreiro, Mulleres Rurais da Gudiña organiza a cea de comadres no restaurante Suízo.
⁃ 10 de febreiro: Sábado de entrudio. Desfile de carrozas, fulións, Intrudio e desfile de disfraces desde a explanada do Bruma á praza. Festa con fariña, bar e discomóbil e finalización coa queima do Intrudio (as carrozas deberán inscribirse no Concello e tamén os disfraces, a data límite será o 6 de febreiro).
⁃ 13 de febreiro: queima do Intrudio e celebración do entrudio de Pentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button