A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) homenaxeaba na noite do 18 de outubro a quen ten sido o seu piar ao longo de case 35 anos como xerente, Luisa López Cruz. Tras unha traxectoria profesional dedicada a esta asociación, esta barquense, vén de iniciar agora unha nova etapa con motivo da súa xubilación.

Nun sentido acto, presentado pola xornalista Raquel Cruz e no que non faltaban tampouco os toques de humor, homenaxeábase a esta profesional pola súa dedicación a AEVA e pola súa defensa, a través do seu rigoros traballo, do asociacionismo e da comarca. Ademais de empresarios, no acto estaba a súa familia e diversas autoridades.
Fotos: O SIL

Máis información e fotos: