ConcellosÚltima hora

A ministra de Transportes e o presidente da Xunta visitan o treito derrubado da A-6

 

Na tarde deste venres a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañados doutras autoridades, visitaban o tramo do viaduto do Castro, na A-6, que na tarde de onte sufría un derrubamente dun segundo treito. En declaracións aos medios, Raquel Sánchez aseguraba que o goberno do Estado non “usar todos os recursos que sexan precisos, humanos, materiais, especialistas… e que sexan os técnicos o que hai que facer” para solucionar a problemática xerada pola caída dos dous tramos do viaduto na súa entrada a Galicia dende terras bercianas. Ademais indicaba que se investigarán as causas do sucedido.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou hoxe o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e pediulle á ministra que sexa abordado coa máxima prioridade e co máximo nivel de atención.

Logo de agradecer á ministra que se desprazase para comprobar en primeira persoa o estado do viaduto, o presidente da Xunta aproveitou o encontro para explicarlle o impacto que o colapso deste tramo está a ter na economía galega. A este respecto, indicoulle que o corte supón que a metade norte de Galicia, as súas empresas e os seus portos se queden sen unha vía fundamental para o transporte de mercadorías. Sobre este punto, salientou “as enormes dificultades” que están a padecer as empresas para transportar os seus produtos e que fan “inviables” os seus negocios.

 

 

Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego insistiu tamén en que a sociedade galega merece “contar con información fiable, completa e en tempo real sobre as causas e consecuencias desta catástrofe”. Debe saber, dixo, “canto antes” os motivos do colapso, os prazos que contempla o Goberno central para a reconstrución e as alternativas que se lle darán ás empresas, que é o máis urxente. Deste xeito, pediu o mesmo nivel de dedicación para solucionar o acontecido no tramo entre Galicia e o Bierzo que se tivese ocorrido noutro punto de España.

Artigos relacionados

Back to top button