ColaboraciónsOpiniónÚltima hora

A Música

Velusa. Cantante, Recanteira de Luar.

O universo musical é unha abstracción para min a un espazo cargado de emocións, sentimentos que xurden da paixón que me fai sentir cada melodía, cada son, cada silencio, cada ritmo, cada canción… Transpórtame a un mundo no que a alma fai rexurdir na miña pel todas as sensacións puras e verdadeiras do meu sentir. Sen música non tería significado o día a día dos nosos anos… A música é vida… A música une fronteiras… A música é a lingua que nos move.

Está vencellada a min dende cativa, formando parte de “Os Trabazos”, un grupo de música tradicional que leva consigo a arte e a historia musical dos seus antepasados, “os que Velusa leva nas súas cordas vogais por iso ten esa música na voz”.

O meu refuxio sempre está na música, aquela que conmove, me leva e me transporta a un océano de liberdade infinitamente puro… Unha capacidade de inmersión que consegue a miña plena felicidade! O meu ser sen música non tería sentido!

Texto: Verónica Álvarez Carvalho “Velusa”. Cantante, Recanteira de Luar.

Artigos relacionados

Back to top button