ConcellosÚltima hora

A obra de cinco artistas valdeorreses, no IES Martaguisela do Barco

Ademais, a partir do 6 de xuño o artista urbano DiegoAs fará un mural nunha das fachadas do instituto

 

A arte valdeorresa protagoniza “a primeira exposición que se celebrará no salón de actos do IES Martaguisela” do Barco, que será inaugurada o 1 de Xuño ás 12:30 e rematará o 13 do mesmo mes. A mostra, “Martaguiselarte” promovida polo centro educativo e pola súa ANPA inclúe obras de catro pintores e tres escultores de Valdeorras.

“Nela coñeceremos a obra de antigos alumnos e alumnas que hoxe son figuras significativas no mundo artístico. Disfrutaremos da veteranía de Xelo de Tremiñá, acompañado de Jorge Barredo e Iván Prieto na escultura e da gama de cores das pinturas de Díaz Ferrer, Lola Doporto, Reme Remedios ou Rubén Álvarez”, explican os promotores da mostra.

A partir do día 6 de xuño Diego As, artista urbano internacional galego realizará un pequeno mural nunha das fachadas do IES. “Teremos oportunidade xunto con outros grafiteiros de Valdeorras de disfrutar dunha charla coloquio onde se resolverán preguntas que o público propoña”.

 

Artigos relacionados

Back to top button