A entrada en funcionamento da oficina permanente no Concello do Barco para realizar todos os trámites de expedición e renovación de DNI e pasaporte, así como a documentación de estranxeiría, podería ser inminente. Así o apuntaba o alcalde barquense, Alfredo García, en resposta a unha pregunta formulada polo concelleiro popular Antonio Melo no pleno celebrado esta tarde.
“Xa está aquí boa parte do material, están instalados os ordendores, o día 5 vanse incorporar dous policías nacionais e o día 12 dous funcionarios máis, tamén está a cartelería… co cal senón é decembro, será a principios de xaneiro cando empece a funcionar. Pero no podo dar unha data fixa”, comentaba o rexedor barquense.