SanidadeÚltima hora

A Plafatorma pola Sanidade de Rubiá mantén a convocatoria da manifestación do 17 de novembro

Nun comunicado de prensa asegura que “non cren nunha solución provisional” e que “necesitamos un centro de atención primaria a tempo completo”
Imaxe da reunión celebrada o 6 de novembro en Rubiá para falar sobre a segunda praza de médico no Centro de Saúde desta localidade./ Foto cedida.

 

Horas despois da rolda de prensa que daba na mañá do 16 de novembro no Hospital Comarcal Valdeorras o xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco, Julio García, anunciando que o Centro de Saúde de Rubiá contará cun segundo médico de apoio tres días á semana; a Plataforma pola Sanidade Pública de Rubiá vén de emitir un comunicado no que asegura que se mantén a convocatoria da manifestación en defensa da segunda praza de médico nesta localidade, prevista para o sábado 17 de novembro, “así como o plan previsto de mobilizacións”.

Na súa nota de prensa tamén responden ás declaracións feitas por García Comeseña en referencia a que en Rubiá “se está vendo unha campaña de tinte exclusivamente político, na que se trata de confundir á poboación”. Segundo os membros da plataforma, “si se trata dunha campaña de tinte político, xa que todos os partidos políticos fan súas as nosas reinvindicacións, como quedou patente na reunión celebrada o 6 de novembro”.

A esta xuntanza, que tiña lugar na Casa da Cultura deste municipio, acudían representantes de todos os partidos políticos do Concello de Rubiá, así como o seu alcalde e o propio xerente da EOXI. “Nesta reunión expuxéronse as nosas reivindicacións e foron compartidas por todos os partidos políticos, o público presente e as asociacións representadas. Quedou claro pois a nosa unión e o con gran consenso acordouse que non se aceptaban os criterios da Xunta respecto a quitarnos un médico, expostos e defendidos por D. Julio García Comesaña”, indica no seu comunicado a citada plataforma.

E engaden que “se fora interese da plataforma confundir aos veciños, ¿por que rectifica D. Julio García Comesaña? ¿xa non valen os criterios aos que se refiriu na reunión?”. Dende a Plataforma pola Sanidade de Rubiá “non cren nunha solución provisional” e aseguran que “necesitamos un centro de atención primaria a tempo completo”.

Artigos relacionados

Back to top button