ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A Policía do Barco, que xa sancionou a 6 condutores de patinetes eléctricos, aumentará a vixilancia destes vehículos

 

Durante o mes de outubro que vén de rematar, a Policía Local do Barco procedía a denunciar a uns 6 Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), os patinetes eléctricos, o que implica unha sanción de 200 euros por vehículo. Eran denunciados  por motivos como condución sen casco, dúas persoas no vehículo ou por circular por zonas peonís. “A maioría condutores eran menores de idade”, sinalan dende a Policía Local do Barco, “pero a denuncia tramítase aos pais ou titores dos menores”.

 

 

Ademais, dende a Policía Local adiantan que se vai continuar e mesmo incrementar a vixilancia con respecto aos VMP “porque estamos preocupados pola condución sen precaución e sen atender ás regras mínimas de circulación. Así mesmo vaise a intervir algún VMP para verificar as condicicóns técnicas de devanditos vehiculos, mandándoos a un centro especializado. No caso de que estea ben, o gasto será a conta do Concello do Barco, e, pola contra, se está mal será a conta do titular, ademais da pertinente denuncia”.

Artigos relacionados

Back to top button