ConcellosÚltima horaVerín

A Policía Local de Verín sumará dous novos vehículos, un deles híbrido, á súa frota

 

A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior de Verín, Rosario Rodríguez, anunciou esta mañá que nos próximos días o Concello recibirá dous novos vehículos, destinados a aumentar os recursos e medios cos que conta a Policía Local de Verín.

O pasado 9 de xuño do 2021 asinouse coa empresa Grupivazgle SL contrato de subministración por renting destes vehículos por un período total de 5 anos. O Concello de Verín destaca que será a primeira vez que a frota local conte cun vehículo híbrido, contribuíndo así a lograr os obxectivos marcados pola Axenda 2030.

Rodríguez anunciou tamén que o Concello teñen “enriba da mesa” a oferta económica correspondente ao mantemento da zona azul, a cal permitirá a posta a piques dos parquímetros, e cuxa xestión e mantemento será realizará por persoal municipal.

Artigos relacionados

Back to top button