CulturaCulturaÚltima hora

A realidade e perspectivas de futuro da prensa en galego en soporte papel, analizadas nunha xornada

O Periódico O SIL estará entre os participantes neste foro, que terá lugar o 10 de outubro no Consello da Cultura Galega en Santiago

 

Malia o pulo dos medios de comunicación dixitais, en Galicia segue existindo prensa en lingua galega que continúa apostando polo papel. Moitos destes medios son de carácter local ou provincial, pero nos últimos anos apareceron novos proxectos, algún deles de ámbito galego. Nesta cuestión pon o foco a xornada Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel, promovida dende a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega, que terá lugar o vindeiro 10 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago.

O programa conta coa participación de 14 ponentes, entre os que estará o director do Periódico O SIL, Carlos G. Hervella. Con esta xornada preténdese amosar e analizar “a realidade actual dos medios de comunicación escritos en galego en formato papel, a súa resistencia e a súa adaptación nun contexto fortemente marcado pola dixitalización e pola crise económica. Esta adaptación e supervivencia implica un cambio de modelo non só a nivel xornalístico”.

Ademais, esta xornada, que coordina María Ángeles Rodríguez, pretende amosar diversos modelos xornalísticos, dende publicacións culturais cunha longa traxectoria, ata revistas especializadas no medio natural. Neste senso tamén se achegan iniciativas promovidas polas novas xeracións en papel a través do fanzine ou de revistas realizadas por centros de ensino. É o caso de “Saldoira”, publicación en papel do IES Martaguisela do Barco, sobre a que falará nas xornada Marta Cortés, profesora e directora da revista.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse en

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201305

O programa

 

Artigos relacionados

Back to top button