ConcellosÚltima hora

A Reserva da Biosfera Gerês-Xurés contará con seis novos puntos de información virutal

As pantallas instalaranse nos concellos de Bande, Muíños, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios e Lobeira

Publicidade
Vista da Serra do Xurés. / Foto: cedida.

 

A Reserva da Biosfera Transfronteriza Gêres-Xurés contará con seis novos puntos de información virtual en cada unha das entradas galegas. O contrato, por un importe de 27.429 euros, foi asinado hoxe, 19 de agosto, pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. As pantallas instalaranse nos concellos de Bande, Muíños, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios e Lobeira

A instalación consistirá nunha pantalla de 32 polgadas, tipo LED, con formado de 16:9, tecnoloxía táctil e sistema de carga de información por USB. Contará cunha cuberta de aceiro e outra de vidro antideslumbrante así como elementos de protección fronte aos cambios meteorolóxicos e os posibles actos vandálicos. A empresa adxudicataria tamén se compromete ao mantemento e á asistencia técnica durante un prazo de 60 meses.

No Concello de Bande, a pantalla estará ubicada xunto ao Centro de Interpretación do Campamento Aquis Querquennis; en Muíños situarase xunto a parede do Centro de Interpretación Porta do Parque de Muíños; en Calvos de Randín, o dispositivo estará na fachada da casa consistorial e en Entrimo ubicarase na entrada da biblioteca municipal. En Lobios e Lobeira situaranse xunto á parede de entrada dos centros de interpretación do Xurés.

A obra está cofinanciada nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do programa de Cooperación INTERREG VA ESPAÑA- PORTUGAL 2014-2020 que pretende mellorar a información dispoñible para os visitantes que se acheguen a esta reserva da biosfera.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button