EconomíaEconomíaÚltima hora

A Ribeira Sacra lanza a súa candidatura para converterse na sétima reserva da biosfera de Galicia

A presentación tivo lugar no día de onte, 8 de agosto, no Concello de Pantón

 

Ribeira Sacra. Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Ribeira Sacra presentou no día de onte, 8 de agosto, a súa candidatura para converterse na sétima reserva da biosfera de Galicia. O acto, polo que se presentan os 23 concellos de Lugo e Ourense que abranguen o espazo conformado pola Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel, tivo lugar no Concello de Pantón.

O acto contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen subliñou a importancia desta candidatura para reforzar e completar a protección dos elementos máis senlleiros que conforman o patrimonio natural galego e axudar a fomentar o respecto polo medio ambiente.

O director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Pablo Ramil, foi o encargado de facer a presentación técnica da candidatura da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, unha zona que aglutina en total a 18 concellos de Lugo (Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada e Triacastela) e cinco da provincia de Ourense (Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Peroxa e A Teixeira).

Artigos relacionados

Back to top button