ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa celebra hoxe, festivo local, o último día de festas

Haberá inchábeis para os nenos no Aguillón e o baile correrá a cargo da orquestra New York

Despois de catro días de actividades lúdicas e deportivas (fútbol, tenis, atletismo, volei praia, golf,…) e moita música, A Rúa despide hoxe, 6 de agosto (festivo local) as vestas de verán 2018.

E faino, unha vez máis ao ritmo da música. Pola mañá da man da charanga Europa e xa pola tarde-noite e verbena a cargo da orquestra New York. Os nenos tamén terán o seu protagonismo cun parque de inchábeis instalado na área recreativa do Aqguillón a partires das cinco da tarde.

Na galería de imaxes podemos ver a á xente na tarde de onte, domingo 5 de agosto paseando pola festa, nas atraccións instaladas na Estación de Autobuses, e tamén bailando ao son da orquestra La Fórmula.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button