A GudiñaA RúaÚltima hora

A Rúa rexistra un positivo tras case un mes libre de coronavirus

Panorámica da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de varias semanas libre de coronavirus, na xornada deste venres 2 de abril, o municipio da Rúa vén de sumar un positivo de Covid 19. Así o confirma o alcalde, Álvaro Fernández, segundo os datos facilitados polo Sergas ata as seis da tarde de onte.

Coa incorporación deste novo caso activo de Covid, a comarca suma un total de dous. O outro rexístrase no concello do Barco de Valdeorras que mantén 1 dende hai varios días. O resto de municipios continúan a cero.

Dende o Concello rues insisten en que “a mellor forma de axudar a frear a propagación do virus é actuando con responsabilidade, cumprindo con todas as medidas de prevención”.

Artigos relacionados

Back to top button