ConcellosO BarcoÚltima hora

A rúa San Mauro do Barco celebrará a súa “Festa do Verán” o 24 de xullo

 

Logo da gran acollida da celebración organizada polo San Xoán, os amigos e veciños da rúa San Mauro do Barco xunto á Tapería Agarimo preparan outra nova cita festiva e gastronomía. Será a primeira “Festa do Verán” desta rúa, situada no corazón da zona antiga da vila, e está prevista para o luns 24 de xullo a partir das 20h.

Haberá inchables gratuítos para os máis pequenos e tamén poderá desfrutarse de sabororos chourizos a parrilla, chourizos criollos e panceta, acompañados de refrescante sangría e calimocho. As persoas interesadas en asistir poden facer a súa reserva no teléfono 681 903 653.

Artigos relacionados

Back to top button