
Nova baixada, aínda que de forma moi leve, nos casos activos de Covid-19 no concello da Rúa, que se sitúa nos 33, un menos que onte, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade ao Concello.
O número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días mantense 36 neste municipio valdeorrés que mantén unha incidencia acumulada de >250 e o nivel medio-alto de restricións.
Malia a lixeira baixada de casos na Rúa e tamén no Barco, que a día de hoxe queda con 22 activos, a comarca segue sen estabilizarse cun novo positivo detectado en Petín.



