Durante a concentración espontánea para pedir a reapertura da tupiscina climatizada do Barco, que se celebraba o pasado mércores, unhas 215 persoas participaban nunha enquisa na que manifestaban os motivos polos cales defendían que volvesen funcionar estas instalacións deportivas, pechadas dende o ano 2018.
Os resultados da consulta, realizada polo Club Natación Valdeorras, revelan que a un 43% dos participantes lles interesa a reapertura a título persoal, a un 21% polos seus fillos e a un 36% para amigos e familiares. Para o 46% dos consultados a saúde é o motivo principal polo que consideran importante que se volvan a abrir estas instalacións, mentres que para un 21% é a aprendizaxe e para un 26% a diversión.
Resultados da consulta: