DeportesÚltima hora

A valdeorresa Inés Docampo faise coa marca mínima para o nacional de pista cuberta

Conseguía un terceiro posto na Reunión FAM en Gallur (Madrid) cun rexistro de 4,36 na proba de 1.500 m absoluta

A atleta valdeorresa Inés Docampo, nunha recente competición./ Foto: Club Adas.

Continúan as boas noticias para a atleta valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Club Adas Cupa), que competía a pasada fin de semana en pista cuberta na Reunión FAM de Gallur (Madrid). Na proba de 1.500 m absoluta feminina quedaba terceira cunha marca de 4:36.95, o que, segundo destaca o presidente do club valdeorrés, Agustín González, “garántelle a súa presenza no nacional de pista cuberta de febreiro”.

Artigos relacionados

Back to top button