Móvese no calendario e adiántase case un mes. A vindeira edición Carreira e Andaina das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín celebrarase o 29 de outubro, con saída ás 9h. Así o vén de facer público a súa organización.
Esta iniciativa solidaria nacía hai xa seis anos e, edición tras edición, está a ter unha gran acollida cunha notable participación. O importe íntegro destínase ao desenvolvemento de estudos relacionados coa investigación no diagnóstico e no tratamento de cancro de páncreas. En breve sairá o seu cartel e tamén a información para inscribirse. Esta iniciativa solidaria está promovida por ACAPAVAL (Asociación Valdeorresa de Cancro de Páncreas).