CulturaCulturaÚltima hora

A visita dos Reis Magos a Quiroga rematará cunha chocolatada con churros no Albergue Municipal

Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Este domingo, 5 de xaneiro, achegaranse ata Quiroga as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. No programa desta visita está previsto achegarse, ás cinco da tarde, ata onde o Concello onde se fará entrega dos premios aos gañadores do concurso de Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Municipal.

Tras visitar a Residencia da Terceira Idade, ás seis da tarde Melchor, Gaspar e Baltasar subirán a súa carroza para recorrer a rúa Real rematando no Auditorio Municipal, onde nenos e nenas terán tempo de falar con eles. Non faltará unha bolsa con caramelos para os nenos que se encargarán de entregar os paxes.

E para rematar todos os nenos que o desexen estarán convidados ao tradicional chocolate con churros no Albergue Municipal.

 

Artigos relacionados

Back to top button