Chandrexa de QueixaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XII Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa reúne a unhas mil persoas

 

Cunha degustación gratuíta de cordeiro ao espeto abríase esta mañá deste 2 de setembro o programa da XII Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa en Celeiros. Despois o mediodía animábase cunha sesión vermú co dúo Xilo e Carlos, como antesala musical do xantar popular da festa, que comezaba a servirse ás 14:30h. en Celeiros. Había dúas zonas habilitadas para a comida, servida por Mantesil, en dúas carpas situadas no colexio.

Unhas mil persoas reuníanse arredor da mesa para desfrutar dun menú a base de empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bico, viño, café e licores. O custe da entrada era de 17 euros para os adultos e de 8 euros (de 6 a 12 anos). Ademais o ambiente estaba animado pola Charanga Nova Trives.

 

 

Entre os asistentes a esta celebración estaban o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o delegado da Xunta na provincia, Gabriel Alén; así como o alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez, xunto a outros rexedores de municipios como Manzaneda e San Xoán de Río (que neste caso tamén é deputado provincial).

 

 

Xa pola tarde o programa continuaba con máis música: con festa co dúo Xilo e Carlos ás 18:30h. e ás 20:30h. haberá gran pancetada, seguida de verbena a cargo da disco móbil LB e da orquestra Saudade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button