O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, copresidía esta mañá xunto a Concelleira de Seguridade Cidadá de Verín, Cándida Couñago, a xunta local de seguridade da vila para analizar e por en marcha o plan de protección do Entroido deseñado por Protección Civil, e que dará comezo o vindeiro 9 de febreiro co “xoves de compadres”. Á reunión asistiron tamén representantes da Garda Civil e da Policía Local da vila, así como, de protección Civil e Xunta de Galicia .
Ademáis, na reunión fíxose un seguimento do Plan Director e solicitouse que a Policía Local da vila se poda coordinar coa Garda Civil para sumar esforzos dentro do Plan de Viogen.