
Tocáballes no ano 2020 pero chegou a pandemia que paralizou o mundo. Así, tres anos despois e con motivo do Día Internacional da Muller, as Mulleres Rurais de Arcos organizan neste 2023 a xuntanza comarcal de asociacións prevista para o vindeiro sábado 11 de marzo.
Será a partir das 14 horas no Paladium (Vilamartín de Valdeorras) e contará coas mulleres rurais da comarca (Córgomo, Veigamuíños, Viloira, Éntoma, A Veiga,…) así como con representantes da federación, FEMURO.